Utilizando a ferramenta de google realizaremos un formulario que teña todas as posibles formas de interacción.
Para iso acudiremos á nosa conta de google, e no recuadro de aplicacións escolleremos google Drive. Alí, en crear novo escolleremos a ferramenta de formularios.
Unha vez feito, o incrustaremos no blog coa opción de enviar.
Que nos permite?
Caixa de resposta corta e de párrafo.
Para introducir datos concretos redactados polo enquisado, dependendo da extensión do texto.
Selección múltiple.
Poñemos diferentes opcións, das que poderemos escoller unha.
Casiñas de verificación.
Poñemos diferentes opcións a escoller, e poderemos marcar ningunha, unha, ou as que queiramos.
Despregable.
As diferentes opcións preséntanse nunha persiana despregable, só poderemos escoller unha.
Subir arquivos.
Permite subir arquivos aos enquisados. Por exemplo, unha foto ou documento. Os datos almacenaranse no drive do propietario do formulario, se ten espacio.
Escala lineal.
Establecemos unha escala numérica escollendo a cifra inicial e a final, o que nos dará unha serie de pasos. Poderemos escoller un. as etiquetas opcionais serven para poñerlle nome aos extremos.
Cuadrícula de varias opcións.
Teremos que cubrir unha serie de filas (horizontais) que se cruzarán con columnas (verticais). Só se permite unha resposta por cada fila.
Cuadrícula de casiñas de verificación.
Establecemos unha matriz de filas (horizontais) e columnas (verticais) que se cruzarán. Poderemos escoller todas as casiñas que queiramos ou ningunha.
Data.
Poderemos escoller un día, mes e ano como resposta
Hora.
Poderemos escoller unha hora e minuto como resposta
Aquí vai un exemplo de formaulario incrustado no blog, coas explicacións...
