Mostrando entradas con la etiqueta Construct3. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Construct3. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de mayo de 2018

PracTICa 05: Videoxogo. Guía de publicación.

Unha vez que teñades feito o voso videoxogo, chega o momento de publicalo e compartilo.

Antes de nada teredes que descargar unha copia do xogo dende o menú do Construct3.


Pinchades en Menú - Proxecto - Gardar como - Descargar unha copia

O programa vos proporcionará un arquivo en formato c3p, que deberedes subir a unha conta na nube, por exemplo google drive, e deixar a ligazón na entrada do xogo.

Así calquera que descargue o arquivo poderá fedellar nel.

O seguinte paso é publicar o xogo no blog de xeito que se poida xogar.

Para iso teremos que colgar o xogo na web de Scirra, que é a empresa creadora do programa.



O primeiro será ir ata o apartado correspondiente da web, por exemplo a esta:
https://www.scirra.com/arcade/top-addicting-games

e pinchar en UPLOAD GAME, o botón gordo laranxa. Teredes que estar rexistrados. A conta de Construct vale.


Entón teredes que ir a Construct e ir a Menú - Proxecto -  Exportar e escoller a opción Scirra Arcade. (Hay opcións para comprimir o programa, pero recomendo non usalas a menos que faga falta)

Para que o programa vos entregue un arquivo comprimido en formato zip que contén todo o xogo, imaxes, etc...



De regreso na páxina de Scirra, teredes que premer en ", onde navegaredes para excoller o arquivo zip que acabades de descargar.

Feito iso, premer no botón de abaixo de todo, UPLOAD.

Tras subir, levaravos a unha última páxina onde teredes que cubrir varios datos. É importante saber que se non cubrides todo o xogo non subirá.

Teredes que poñer

Onde poredes o nome do xogo.
. Información do xogo, a historia, os controis, os obxectivos, copyright, autorría, data, etc...
I(ntrustions. Pois iso.
.  Unha breve descripción do xogo
O xénero ao que pertence o xogo. Puzzle, carreiras, etc...

  Se o xogo está habilitado para xogar en móbiles.
Se o traballo está incompleto e vai a ser mellorado no futuro
  Se trata temas para adultos.

E premer UPDATE DETAILS

MOI IMPORTANTE

Teredes que crear unha imaxe de 450px de ancho, e 300px de alto que servirá de portada e miniatura para o xogo. En formato png ou jpg. Podedes usar o gimp ou o inkscape.

Neste apartado final os pedirá esa imaxe. A escoilledes en navegar, dádeslle a UPLOAD e listo.

A última ventá pulsades check en todas as casiñas, premedes en PUBLISH MY GAME! e xa poderedes coller o código para pegar no html do blog. Como?Pois teredes que ir ao xogo, que xa estará colgado na galería de Scirra. Darlle, e premer no pequeno icono dunha cadea que hay xusto arriba do xogo.
Na casiña de EMBED CODE xa teredes o código necesario.


E listo!




Hosted by the Scirra Arcade

miércoles, 18 de abril de 2018

Xogos de Exemplo feitos no Construct3

Pasqui Running

Un infinite runner en el cual el simpático personaje ha de correr sin parar hacia la derecha y evitar los fosos que le conducirán a una muerte cierta calcinado por la lava.

Haz click con el ratón o pulsa cualquier tecla para saltar.




Hosted by the Scirra Arcade