miércoles, 18 de octubre de 2017

O Xogo da Semana: Cargo Builder

Hoxe usaredes o voso inxenio para construir pontes xogando ó clásico

http://www.physicsgames.net/game/Cargo_Bridge.html


Neste xogo teredes que construír pontes que soporten o paso dos obreiros e a súas caixas. Tenta facer a ponte máis forte empregando o mínimo diñeiro posible.

http://www.physicsgames.net/game/Cargo_Bridge_2.html

E se queres disfrutar da secuela:

Concursos da Biblioteca



Aquí vos deixo tamén un tutorial que fixen para GIMP por si queredes facer zombis a partir dunha fotografía.

Podedes coller os arquivos da práctica aquí.

jueves, 5 de octubre de 2017

PracTICa 02: Presentacións con Google

                   Na seguinte práctica teremos que crear unha presentación online e incrustala no Blog.

A presentación terá que tratar sobre un tema que estudases nunha clase, deste ano ou doutro.
Para iso, teredes que escoller un tema, facer un resumo, pensar a maneira de dividilo en diapositivas e buscar ou xerar os gráficos necesarios.

O número mínimo de diapositivas será cinco, incluíndo a carátula. Na diapositiva final poredes a bibliografía ou cibergrafía utilizada para facer o traballo, os créditos e os agradecementos. Iso vos deixa cinco diapositivas mínimas para por os contidos.

Os contidos teñen que ser imaxes e textos, debendo existir un equilibrio entre ambos.

Os textos deberán ser redactados por vós, en galego ou castelán, pero non facendo copiar e pegar da rede, pois iso suporá a anulación do traballo.

As imaxes deberedes citar de onde as sacades e poñelo na cibergrafía.

Os contidos serán maduros e ben formulados, sodes estudiantes da última etapa de secundaria e xa tendes un nivel, que se vexa.

Falando de presentacións online, non podemos deixar de lado o máis popular servicio para compartir este tipo de contidos, a plataforma SlideShare, onde atoparedes unha boa morea de presentacións en múltiples idiomas e sobre todo tipo de contidos, educativos tamén.

https://es.slideshare.net/

Deixovos tamen unha presentación de exemplo:


miércoles, 4 de octubre de 2017

O Xogo da Semana: Castle Destroyer e 3 slices

Unha semana máis imos dispoñer dun tempo de ocio para agudizar as neuronas, que falta nos fai.
Neste caso, trátase dun xogo dos que se chaman de "deconstrucción", no que trazaremos co cursor unha línea que pode cortar os bloques presentes en cada nivel, de xeito que consigamos que a construcción se derrumbe por debaixo da líña horizontal marcada.

Dependendo do nivel poderemos utilizar un corte ou máis.

A ver quen e quen de completalo ¡Eu xa o fixen!

Veña, a darlle ó Castle Destroyer

A miña puntuación


E xa que estamos, ampliemos o repertorio con 3 Slices, un xogo moi parecido, e a súa celebrada segunda parte.




http://www.physicsgames.net/game/3_Slices.htmlhttp://www.physicsgames.net/game/3_Slices_2.html