martes, 16 de enero de 2018

Recursos sonoros

Recursos sonoros

Os Bancos de recursos son lugares onde existen arquivados e clasificados determinados tipos de ficheiros.

Neste caso os enlaces seguintes vannos levar a Bancos de recursos especializados en arquivos de son e música, estupendos para utilizar nas nosas producións dado que son de dominio libre, isto é, que se poden usar de balde.

Banco de Recursos do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC), repleto de imaxes, vectores, sons, vídeos,...

FindSound. Extenso buscador de sons

Soungle. Unha extensa colección de sons de todo tipo. É interesante facer as búsquedas en español, pero tamén en inglés, porque é un banco de recursos internacional.

E moitos más, só tendes que buscar na rede.

Música

En numerosas ocasión vémonos na necesidade de engadir música ós nosos traballos ou producións, e a tentación de empregar melodías de actualidade ou dos nosos grupos favoritos é moi alta, pois ó fin e o cabo, é a música que nos gusta.

Nambergantes, dita música está practicamente sempre suxeita a unha serie de dereitos que protexen a propiedade intelectual, o que nos obrigaría a pagar unha serie de costas ou royalties, ou mesmo a ser denunciados, se difundimos a nosa creación.

Iso sucede porque os artistas están protexidos por unha serie de entidades de xestión dos dereitos de autor, como a arquicoñecida SGAE, que se encargan de rastrear os eventos provistos de música para asegurarse de que pagan as taxas correspondentes.

A mellor solución para evitar estas cousas é utilizar música libre de dereitos de reprodución. No mundo hai milleiros de músicos, a veces de gran talento, que non están vinculados a discográficas ou simplemente teñen o interese de distribuír a súa música libremente e cobrar polas actuacións en directo.

As licencias que cobren estas músicas van dende cobros realmente simbólicos a acordos copyleft ou creative commons.

Vale moito a pena bucear un pouco en busca de temas musicais que non teñen nada que envidiar ós que xa coñecemos. e de paso nos culturizarmos musicalmente un pouco máis.

Algunhas direccións populares dende onde comezar a buscar son as seguintes.

JAMENDO
A páxina en castelán máis popular. Trátase dun portal especializado en música onde os artistas, moitos deles de grande talento pero sen o apoio dunha discográfica, presentan e comparten os seus traballos.

Kevin McLoud. É un músico que ofrece a súa creatividade a cambio de que ligues seu nombre nos créditos. Ten unha ampla variedade de bandas sonoras moi populares.

SOUNDCLOUD.O famoso portal de música e tamén sonidos e FX.

FREE PLAY MUSIC Ten artistas e tamén efectos de son.

ROYALTY FREE KINGS Un sitio con música sinfónica (sen voces) realmente espectacular e clasificada por temas. Podes usar plug-ins como o videodownloadhelper para descargar as cancións, sempre que non haxa afán de lucro.

Podcasts

Ivoox. El repositorio de podcasts de referencia.
Spreaker. Otro servicio de podcasting muy popular.
iTunes Podcasts. El servicio de Apple para podcasting en dispositivos Mac e IOS.


No hay comentarios:

Publicar un comentario