martes, 9 de enero de 2018

PracTICa 04: Elaboración dun podcast

Nesta ocasión imos a crear contidos sonoros en formato de podcast.

Para elo teredes que crear un grupo de traballo para coordinarvos e crear un podcast de duración media (15-30 min) en adiante.

Idealmente o podcast será relacionado con contidos educativos ou sociais. Por exemplo, poderedes profundizar en contidos de diversas asignaturas, ou explicar un tema concreto, ou facer entrevistas, ou denunciar un feito, ou informar dun asunto, facer recomendacións de moda, lecturas, series de tv... o que se vos ocurra. Tamén poderedes entregar o traballo a outra asignatura se é posible.

Poderedes participar en máis dun grupo.

Non poderá haber podcasts con temáticas repetidas, o primeiro grupo que poña a súa temática nos comentarios desta entrada será o que se quede con esa temática. (por exemplo, só poderá haber un podcast sobre fútbol, ou música, ou ciencias da natureza, videoxogos, etc..)

Os contidos deberán ser orixinais e o podcast terá que ser colgado nunha ou varias plataformas online (como ivoox ou itunes)

Cómo organizarse.

O primeiro que deberedes facer é organizar o grupo e o tema principal do podcast. O número de participantes no podcast é libre, tendo en conta que todos e todas participen.

Unha vez que teñades configurado o grupo teredes que buscar un nome para o equipo e para o podcast.

Despois diso teredes que buscar unha melodía ou cuña musical ou entradiña para o podcast.

Unha vez que saibades o tema que ides a tratar, teredes que decidir quén vai a tratar tal o cual contido. Esa persoa terá que prepararse a súa intervención no programa, que pode ser de forma individual ou conversando en grupo.

O esquema habitual ou escaleta soe ser o seguinte:

Entradiña
Presentación e saúdos.
Sumario.
Tema 1
cuña musical
Tema 2
cuña musical
etc...


Offtopic

Despedida

Pero o esquema pode ser como vos pareza.

Aquí vos deixo axuda adicional que se pode atopar na rede

Cómo crear un podcast, por José Miguel García

Cómo grabar un podcast con audacity por Miguel Ángel García Guerra

4 comentarios:

  1. Marta Folgar Martinez
    Ramón Vázquez Pérez
    Sergio Piñeiro Bermúdez
    TEMA: viajes

    ResponderEliminar
  2. Juan Tarela Torres
    Adrián Boronat Carou
    Julio Pais Places

    TEMA: Modas virales ridículas.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Alex Velo Silva
    Alejandro Hermo Saborido
    Saulo Azevedo

    temática: Misterio y conspiraciones

    ResponderEliminar